mércores, 22 de xuño de 2022

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

 


A titora Tere e todas as profes que estiveron con vós en Infantil desexámosvos:
MOITA SORTE EN PRIMARIA!

xoves, 16 de xuño de 2022

mércores, 2 de febreiro de 2022

PROPOSTAS PARA A SEMANA

 Estimdas familias:

O equipo de educación infantil, quere deixarvos unhas propostas para esta semana. Decirvos que precisamos da vosa axuda para guiar aos nenos/as.

- Aquí tedes o vídeo que fixemos coa coreografía da canción "Terra", das Tanxugueiras. Logo podemos practicar en familia.  


 - Como vos  gusta tanto xogar coa plasti, podémola facer na casa. Iste é o video titorial.

 

 - Unha receita para degustar coa imaxinación: "Ensalada  rápida de círculos".


 - Xoga coa ruleta motriz para activar o teu corpo.

- Os nenos e nenas de 6º de infantil, mándanvos este vídeo para activar o corpo polas mañás. Xa o coñecedes .... así que a moverse!


 Moita saúde! Vémonos pronto.

luns, 31 de xaneiro de 2022

COMUNICAMOS ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

O equipo de educación infantil, ante a situación que estamos vivindo por mor da covid-19, mándavos un desexo de boa saúde para toda a familia. 

Aquí podedes encontrar actividades diversas para facervos este período máis levadeiro.
Algunhas recomendacións: Lectura de contos, manualidades, ciencia, xogos de mesa, música, cociña ...

Nas marxes do blog tedes talleres que recollen actividades que podedes facer cos vosos fillos/as. 

Pronto nos veremos!