luns, 15 de xuño de 2020

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola nenos, nenas e familia!
Xa estamos na derradeira semana deste curso tan excepcional. Despois deste contacto virtual que mantivemos ó longo das semanas, só dicir que percibimos a vosa presenza e danos moita mágoa ter que despedir o curso así.
Esta semana estará adicada aos vosos compañeiros/as de 6º de infantil que rematan esta etapa. 
Como non podemos facer a festa de Graduación ímos gradualos con este xogo de memoria. Recordade que eran os animaliños da granxa.



Graduación na Granxa-Escola



Con moito agarimo, a profe Ángeles



Todas as profes que estivemos con vós en infantil, desexámosvos:
 MOITA SORTE EN PRIMARIA.


Podedes entrar na Biblioteca para ver a guía de lectura deste verán: https://asombradoerbedo.blogspot.com/2020/06/viaxa-moi-lonxe-na-nave-do-libro.html
Esperando ese reencontro en setembro!

domingo, 7 de xuño de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Familias, decirvos que necesitamos coma sempre da vosa axuda.
Estas son as propostas da semana:

Entramos no espazo de LECTO-ESCRITURA, para facer as actividades: "Lectoambiental" por mor do "Día internacional do medio ambiente".
- Entramos no espazo ABN, para facer series seguindo os diferentes patróns e  coñecer os números no calendario do mes de xuño.
- Imos ao TALLER DE CONTOS, para ler o conto: "O círculo de Miró quere ser esquelete" , Violeta Monreal e descubrir ó artista que levamos dentro.
- Con iste video de EduMúsica Gal, repasaremos os instrumentos de corda.



- E que tal se facemos un xeado?
Entra no TALLER DE COCIÑA, para ver a receita.

No blog da biblioteca seguimos celebrando o 
 "Día Internacional do Medio Ambiente". Ainda non entrache?
 https://asombradoerbedo.blogspot.com/2020/06/ten-palabra-natureza.html

- O exercicio é importante agora xa podemos facelo ao aire libre: Pasear, correr, saltar , patinar...
 Goza da contorna con responsabilidade!

 Ao rematar a semana, podedes enviar as fotos das actividades que fixestes. Nós subirémolas ao espazo FOTOS #ActividadesNaCasa

luns, 1 de xuño de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Familias, decirvos que necesitamos coma sempre da vosa axuda.
Estas son as propostas da semana:

Entramos no espazo de LECTO-ESCRITURA, para continuar unha semana máis coa actividade: "Viaxe fantástica da palabra ao conto". Podes facer algunha das actividades Online propostas.
- Entramos no espazo ABN, para ABNizar un conto e xogar  cos números  ao bingo

- Imos ao TALLER DE CONTOS, para ler o conto: "El triángulo de Malevich quiere ser Superheroína" , Violeta Monreal e descubrir ó artista que levamos dentro .

- Xa coñeciche a Naturizo. Esta semana Sabela Gago vai ensinarnos como facer a chapa de Naturizo con tapas. Nós tamén coidamos do Planeta REUTILIZANDO para crear.


- Que vos parece se facemos ritmos coas culleres. Primeiro imos ver como se tocan e logo xa inventamos nós os ritmos. Aprendemos no obradoiro de percusión EduMúsica Gal.




- Entra no  TALLER DE COCIÑA para facer unha receita divertida con ovo cocido.

  Ao rematar a semana, podedes enviar as fotos das actividades que fixestes. Nós subirémolas ao espazo FOTOS #ActividadesNaCasa