luns, 15 de xuño de 2020

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola nenos, nenas e familia!
Xa estamos na derradeira semana deste curso tan excepcional. Despois deste contacto virtual que mantivemos ó longo das semanas, só dicir que percibimos a vosa presenza e danos moita mágoa ter que despedir o curso así.
Esta semana estará adicada aos vosos compañeiros/as de 6º de infantil que rematan esta etapa. 
Como non podemos facer a festa de Graduación ímos gradualos con este xogo de memoria. Recordade que eran os animaliños da granxa.



Graduación na Granxa-Escola



Con moito agarimo, a profe Ángeles



Todas as profes que estivemos con vós en infantil, desexámosvos:
 MOITA SORTE EN PRIMARIA.


Podedes entrar na Biblioteca para ver a guía de lectura deste verán: https://asombradoerbedo.blogspot.com/2020/06/viaxa-moi-lonxe-na-nave-do-libro.html
Esperando ese reencontro en setembro!