domingo, 24 de maio de 2020

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Familias, decirvos que necesitamos coma sempre da vosa axuda.
Estas son as propostas da semana:

Entramos no espazo de LECTO-ESCRITURA, para facer a actividade: "Viaxe fantástica da palabra ao conto"
- Entramos no espazo ABN, para buscar os amigos do 10 e facer moitísimos  xogos matemáticos coa baralla.
- Entra en MANUALIDADES para crear un xogo de luz.
- Coñeces a Naturizo? 



Fai clic na imaxe para coñecelo. Podes debuxar a Naturizo e aos seus amigos.
Esta semana ímosvolo presentar coa canción "Naturizo chegou" que terás que aprender.


- Que tal se xogamos a ser magos/as? Atrévete a facer o teu truco de maxia.




- Podes ver a coreografía " As pitas baixo a choiva", na páxina web e no blog da biblioteca #LetrasGalegasNaCasa

Ao rematar a semana, podedes enviar as fotos das actividades que fixestes. Nós subirémolas ao espazo FOTOS #ActividadesNaCasa

luns, 18 de maio de 2020

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Familias, decirvos que necesitamos coma sempre da vosa axuda.
Estas son as propostas da semana:

Entramos no espazo de LECTO-ESCRITURA, para facer a actividade: "Caricias con letras" e aprender a canción de Mamá Cabra: "As mans".
- Entramos no espazo ABN, para contar, debuxar os números e resolver un problema matemático.
- Entra no ezpazo ENGLISH  e coñece esta divertida historia:
 “ When aliens fly down to Earth They don't come to meet YOU They simply want your underpants I'll bet you never knew!”

- Xogo da "VIÑUELOCA" para xogar en familia, atentos/as ás casillas de Reciclaxe e Saudables.





- Imos inventar unha coreografía para a canción "As pitas baixo a choiva", inspirada no libro de Ricardo Carballo Calero coa banda sonora do clásico "Bailando baixo a choiva". Será una actividade conxunta cos nenos/as de primaria. Seguide as instrucións na imaxe.


- Entramos en MINDFULNESS, para sentir e dramatizar "El cuento de las mariposas".

Ao rematar a semana, podedes enviar as fotos das actividades que fixestes. Nós subirémolas ao espazo FOTOS #ActividadesNaCasa

luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Familias, decirvos que necesitamos coma sempre da vosa axuda.
Estas son as propostas da semana:

- Entramos no espazo de LECTO-ESCRITURA,Para facer a actividade: "A ritmo de letras".
- Entramos no espazo ABN, para facer: Un xogo de subitización, Tantos coma..., As familias dos números e resolver o problema matemático que nos plantexa Antía.
- Entramos no taller de CIENCIA, para dar resposta á pregunta: Pode medrar unha planta sen luz? Comproba a túa resposta facendo o experimento.
- No TALLER DE CONTOS, propoñemos facer un libro virtual: "Os nosos contos preferidos".
- Para esta semana temos un pouco de baile NO SALÓN, con pesdelán. Un concerto-baile que fixeron para homenaxear o "Día Internacional da Danza", que xa foi o 23 de abril.
- Busca un momento para estar atento/a e tranquilo/a coma unha Ra. Entra en MINDFULNESS

Ao rematar a semana, podedes enviar as fotos das actividades que fixestes. Nós subirémolas ao espazo FOTOS #ActividadesNaCasa
....................................................................................................................................................
Esta semana non te esquezas de entrar no blog da biblioteca


 Para celebrar e participar na: 
"SEMANA DAS LETRAS GALEGAS"



Sabes quen é?

Busca a resposta na Biblioteca



Ao rematar a semana, podedes enviar as fotos das actividades que fixestes. Nós subirémolas ao espazo FOTOS #ActividadesNaCasa

luns, 4 de maio de 2020

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Familias, decirvos que necesitamos coma sempre da vosa axuda.

Estas son as propostas da semana:

- Entramos no espazo de LECTO-ESCRITURA, para facer uns xogos coas letras: "Probando a lecto-escritura". Intenta aprender a canción do "Abecedario" de Magín Blanco.
- Entramos no espazo ABN, para facer unha recta numérica e resolver uns problemas matemáticos.
- Queremos que nos sorprendades cunha merenda saudable e divertida. Pódeste inspirar nTALLER DE COCIÑA.
- Entramos no espazo MINDFULNESS, para participar no videoconto e facer uns exercicios de respiración.


De Inés Castel Branco
Para continuar cuns exercicios de respiración,





- Xoga coa RULETA MOTRIZ, para activar o teu corpo.



- No TALLER DE CONTOS, seleccionamos un teatro de monicreques: "As patacas".

Ao rematar a semana, podedes enviar as fotos das actividades que fixestes. Nós subirémolas ao espazo FOTOS #ActividadesNaCasa

sábado, 2 de maio de 2020