domingo, 24 de maio de 2020

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Familias, decirvos que necesitamos coma sempre da vosa axuda.
Estas son as propostas da semana:

Entramos no espazo de LECTO-ESCRITURA, para facer a actividade: "Viaxe fantástica da palabra ao conto"
- Entramos no espazo ABN, para buscar os amigos do 10 e facer moitísimos  xogos matemáticos coa baralla.
- Entra en MANUALIDADES para crear un xogo de luz.
- Coñeces a Naturizo? 



Fai clic na imaxe para coñecelo. Podes debuxar a Naturizo e aos seus amigos.
Esta semana ímosvolo presentar coa canción "Naturizo chegou" que terás que aprender.


- Que tal se xogamos a ser magos/as? Atrévete a facer o teu truco de maxia.




- Podes ver a coreografía " As pitas baixo a choiva", na páxina web e no blog da biblioteca #LetrasGalegasNaCasa

Ao rematar a semana, podedes enviar as fotos das actividades que fixestes. Nós subirémolas ao espazo FOTOS #ActividadesNaCasa